Tristana Moraleja ten unha sólida traxectoria política que avala a súas capacidades

tristana

Licenciada en Económicas pola Universidade de Alcalá de Henares,  Tristana Moraleja ten un master en Administración financeira tributaria pola Universidade da Coruña.

Comezou a traballar na Xunta de Galicia en 1999, onde ocupou postos relevantes nas consellerías de Familia, Economía e Facenda, Asuntos Sociais, Política Territorial ou Traballo. En 2000 pasa a traballar no departamento económico-financeiro do Porto da Coruña, ata que en 2003 aproba as oposicións do grupo A como unha das primeiras da súa promoción e volve á administración autonómica.

En 2009 foi designada xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.

En 2011 presentouse ás eleccións locais no concello de Oleiros en postos do remate da lista, e uns meses máis tarde foi escollida nos postos de saída da lista do Partido Popular nas eleccións ao Congreso dos Deputados, por onde resultou elixida.

Actualmente, foi elexida polos militantes do PP de Oleiros como candidata á alcaldía desta localidade coruñesa.